Foto Blanco - a cada lugar o seu tempo
 Inicio >> Momentos Coruñeses >> Gallego >> A cada lugar o seu tempo Enviar página a un amigo Poner esta página como tu pagina de inicio Imprimir esta página
Servicios fotográficos
Fotógrafos en La Coruña 
Reportaje social 
Boda 
Boda Digital 
Comunión 
Reportaje Industrial 
Fotografía 360 grados 
Estudio 
Estudio industrial 
Estudio Comunión 
Retoque digital 
Montajes y fotoacabados 
Postales de La Coruña 
Orlas 
Video 
Imágenes La Coruña
Vistas Aereas 
Torre de Hercules 
Galerias de La Marina 
Orzan y Riazor 
Vistas Generales 
Puerto 
Paseo Maritimo 
Parques y Jardines 
Calles Plazas Fuentes 
Monument Esculturas 
Edificios singulares 
Coruña Entre Siglos

1899 - 1907 
1908 - 1915 
1916 - 1920 
1921 - 1924 
1925 - 1926 
1927 - 1929 
1930 - 1933 
1934 - 1936 
1937 - 1945 
1946 - 1955 
1956 - 1957 
1958 - 1959 
1960 - 1961 
1962 - 1963 
1964 - 1965 
1966 - 1967 
1968 - 1969 
1970 - 1973 
1974 - 1994 
1995 - 1999 
2000 
HASTA 2000 

A cada lugar o seu tempo

Dicía Benedetti que cada lugar ten o seu tempo. Este libro abrangue un período  recente que, en moitos casos, comeza a ficar lonxe ou a afastarse paseniña mais inexorabelmente. E non porque esa lonxanía proceda de moitos dos habitantes da cidade non teren vivenciado algúns ou moitos dos acontecementos que recolle este documentado traballo, senón porque a evolución dos tempos está a ser tan rápida que moitas veces, incluso para os que os viviron, se perciben con esa pátina irreal coa que as lembranzas van eneboando o pasado. Así como toda imaxe fotográfica colle un aura epocal, constituíndo a testemuña dun instante irrepetíbel, case máxico, o tempo, deus da estrañeza, pon sobre as cousas a súa inevitábel aura.

“O mar non ten portas”, di o noso refraneiro popular. Nesta cidade na que se parece sentir a que Fernando Pessoa denominaba “a voz da terra ansiando pelo mar”, o soño, a aventura son algunhas das formas da distancia. Por iso, moitos dos soños dos coruñeses, ao longo do tempo, foron sulcar as augas en forma de homes, mercancías, viaxes, intercambios. É agora o mar do tempo, co seu arrastre e a súa resaca, o que nos convoca á que Cunqueiro chama a escola maior do home: a nostalxia. Aínda que el, que soñaba tres oficios que ben se poderían exercer de maneira óptima na nosa cidade (ser barqueiro, vendedor de cartas mariñas nun porto ou pastor de ventos), solicitaba evitar a soturna melancolía, e gozar, pola contra, do milagroso don da sorrisa, equilibrando tamén a “gravitas” romana coa vagabunda fonte dos soños. Clásico, mediterráneo e latino, por un lado; celta, atlántico e fabulador por outro, Cunqueiro propoñía a melancolía de soñar a totalidade dos paraísos perdidos.
Porque hai moito de nostalxia no perdido. Mais cómpre recobralo. Non é máis fermoso o pasado porque ese Hispano-Suiza posando fronte á Torre de Hércules non nos vaia pasear entre a Mariña e Juana de Vega unha desas deliciosas tardes outonais  que embelecen a cidade. E aínda que é evidente que fermosísimas estampas, como a da da Praia do Parrote cun iate varado, nos foron usurpadas, o tempo ha de traer outras maxias.

A imaxe dese grupo de nenos fronte ao calendario floral dos xardíns, o 15 de outubro de 1957, segue a repetirse a diario. E quén sabe se algún lector se recoñecerá nalgún dos nenos daquela xornada. Como moitos outros dos coruñeses, ou dos seus descendentes, que levarán a grata sorpresa de descobrer aos familiares ou amigos en moitas destas instantáneas.

Por outra parte, desexemos que na vida haxa de aparecer sempre algún novo Alberto Martí que ascenda aos ceos da fotografía -arriscando o físico, se é preciso-, para facer unha foto do calendario floral, ou do que sexa, como nese ascenso na escaleira dos bombeiros locais na que el, un dos mentores claves destas páxinas, ascendeu aos ceos da foto-verité un día do ano 58, á maneira desa “Escaleira ao ceo” de Led Zeppelin, que sobe e sobe deica a musical epifanía final e a súa consecuente serenidade. 

Porque logo do traballo ven a calma. E un comparte a certeza de que algúns dos momentos deste libro, que supuxeron, ademais dun esforzo, quizais un certo risco e, sen dúbida, unha dedicación moi sostida ao longo dos anos, acadarán agora o sosego e a calma necesarios para seren degustados. Por iso participo da idea de que o labor iniciado de maneira tan brillante por parte de Javier Hernández e de todo o equipo profesional e humano de Foto Blanco no libro anterior, a partir do documentado arquivo da casa, e de tan cálida acollida por parte do público, terá unha exitosa continuación neste que ve hoxe a luz cos mesmos auspiciosos desexos e a mesma entrega apaixonada, pois aporta ademais a feliz e innovadora idea de acompañalo dun CD para o visionado das imaxes no ordenador e dunhas deslumbrantes panorámicas da cidade no momento actual. 

E que non sexa a derradeira aportación. Ese exercicio de saudade que é todo mergullamento no pasado terá a súa compensación no pracer, na información e no coñecemento, así como na satisfacción da curiosidade logo de contemplar moitas destas entrañábeis imaxes.

O noso desexo é que o lector disculpe as nosas digresións, e estableza as súas propias sintonías, intuicións e derivas ao iniciar a súa viaxe por estas páxinas. Dicía Thomas Bernhard, o gran escritor austríaco, que o pianista ideal é o que quere ser piano. O lector ideal deste libro é o que quere pasear polas imaxes, facendo as súas pesquisas e descobertas, convertendo, como tamén desexaba Bernhard, o paseo nunha arte maior, á altura de tódalas demais artes. 

Ir al inicio

Google

Panorámicas Coruña


Momentos Coruñeses
1890 - 1910 
1911 - 1930 
1931 - 1934 
1935 - 1937 
1938 - 1939 
1940 - 1946 
1947 - 1948 
1949 - 1951 
1952 - 1954 
1955 - 1956 
1957 
1958 
1959 
1960 
1961 - 1962 
1963 
1966 
1967 
1968 - 1975 
1976 - 1980 
1981 - 1998 
2000 a final 

Web Amigas
Nueva York 
Chicago 
Oporto 
Galicia Virtual 
Ponferrada Virtual 
Sala de Negocios 
Foto Blanco s.l. - Servicios fotograficos en A Coruña- NIF.B15428295 - Política de privacidad - Desarrolla i latina
Posicionamiento en buscadores - Lisboa - Oporto - Nueva New York - Chicago - León - Lugo - Franquicia Vending - Tiendas - Album digital - Directorio Web