Foto Blanco - as retinas do tempo
 Inicio >> >> Gallego >> As retinas do tempo Enviar página a un amigo Poner esta página como tu pagina de inicio Imprimir esta página
Servicios fotográficos (seleccione)
Fotógrafos en La Coruña 
Reportaje social 
Boda 
Boda Digital 
Comunión 
Reportaje Industrial 
Fotografía 360 grados 
Estudio 
Estudio industrial 
Estudio Comunión 
Retoque digital 
Montajes y fotoacabados 
Postales de La Coruña 
Orlas 
Video 
Imágenes La Coruña
Vistas Aereas 
Torre de Hercules 
Galerias de La Marina 
Playas Orzán y Riazor 
Vistas Generales 
Puerto 
Paseo Maritimo 
Parques y Jardines 
Calles Plazas Fuentes 
Monument Esculturas 
Edificios singulares 

As retinas do tempo

Rúa Real, 37. Nese baixo dunha casa antiga, no tradicional ágora comercial e paseante dos coruñeses, forxouse, nos inicios da década dos anos 20, unha delongada dedicación fotográfica, pioneira en Galicia e ininterrumpida ao longo do século. Un escaparate no que era raro o coruñés que non se detiña a contemplar e comentar as últimas crónicas ou instantáneas da cidade ou da súa vida social, mentres facía o seu percorrido ao longo do paseo ritual dos Cantóns, a Rúa Real, Rego de Auga...

¿Quen era a personalidade que estaba tras de “Foto Blanco”, don Ángel Blanco Villar? Pois, como aqueles artistas anónimos do medievo, alguén que se sabía manter nun plano discreto, para que fosen outros os que acadasen o protagonismo nas imaxes: A persoa que, se o lector se fixa, aparece, na foto da procesión da Virxe das Dores, en 1933, cámara en man, e co lazarillo axudante cargando a película. Alguén sempre na brecha da profesión fotográfica.

Dese labor tan delongado surxíu un impresionante arquivo de máis de sete millóns de negativos, realizado por unha pléiade de fotógrafos vinculados ao longo dos anos a distintos momentos da empresa. Dese legado nace, como outras moitas publicacións e exposicións anteriores, este magnífico libro sobre a cidade. Un documento imprescindible para todo o que, coruñés ou non, queira coñecer a fondo a intrahistoria da evolución da cidade ao longo do século XX. Esta é, pois, a crónica visual e impresa da evolución da Coruña. Unha crónica cun altísimo valor documental, testemuña ineludible do pasado e do presente, percorrido memorable polos acontecementos e os ritmos dun tempo histórico tan sumamente cambiante como ese “cambalache problemático e febril” que foi o século pasado, segundo nos deixou dito o canónico tango.

O lector ten a ocasión de disfrutar dun documento de valor non só fotográfico, senón tamén histórico, social, arquitectónico, urbanístico, antropolóxico e cultural. Desde momentos de relevo histórico ou remarcable transcendencia social a unha evocación atenta da vida cotián, e ata á irrupción do anecdótico, sorpresivo ou literario. No mundo da fotografía, sempre teñen un engado ineludiblemente proustiano estas estampas dun tempo ido nas que a retina e o corazón recobran a plenitude do tempo irretornable non desde o arrecendo da madalena do novelista, senón desde o sepia atabacado das vellas imaxes fotográficas.

Ir al inicio
Google

Panorámicas Coruña



Web Amigas
Nueva York 
Chicago 
Oporto 
Galicia Virtual 
Ponferrada Virtual 
Foto Blanco s.l. - Servicios fotograficos en A Coruña- NIF.B15428295 - Política de privacidad - Desarrolla i latina
Posicionamiento en buscadores - Lisboa - Oporto - Nueva New York - Chicago - León - Lugo - Tiendas - Album digital