Foto Blanco - esas presencias idas
 Inicio >> Momentos Coruñeses >> Gallego >> Esas presencias idas Enviar página a un amigo Poner esta página como tu pagina de inicio Imprimir esta página
Servicios fotográficos
Fotógrafos en La Coruña 
Reportaje social 
Boda 
Boda Digital 
Comunión 
Reportaje Industrial 
Fotografía 360 grados 
Estudio 
Estudio industrial 
Estudio Comunión 
Retoque digital 
Montajes y fotoacabados 
Postales de La Coruña 
Orlas 
Video 
Imágenes La Coruña
Vistas Aereas 
Torre de Hercules 
Galerias de La Marina 
Orzan y Riazor 
Vistas Generales 
Puerto 
Paseo Maritimo 
Parques y Jardines 
Calles Plazas Fuentes 
Monument Esculturas 
Edificios singulares 
Coruña Entre Siglos

1899 - 1907 
1908 - 1915 
1916 - 1920 
1921 - 1924 
1925 - 1926 
1927 - 1929 
1930 - 1933 
1934 - 1936 
1937 - 1945 
1946 - 1955 
1956 - 1957 
1958 - 1959 
1960 - 1961 
1962 - 1963 
1964 - 1965 
1966 - 1967 
1968 - 1969 
1970 - 1973 
1974 - 1994 
1995 - 1999 
2000 
HASTA 2000 

Esas presencias idas

¿Que agardan esas mulleres, nun xa distante 1895, diante do arco do antigo edificio do cárcere, no Parrote, que moitos anos despois sería demolido? O mar -detectábel ao fondo- sempre creou un magnetismo de liberdade. E máis nunha cidade que sempre parece querer mergullarse nas augas. ¿Mais que agardan esas mulleres á beira do cárcere? Ademais de testemuña histórica dunhas xentes e dun edificio que xa non existen, esa foto ten un gran encanto a través dos planos sucesivos, co perfil esvaído das Mariñas de Oleiros ao fondo. É unha das que abren o libro. Como nos diversos planos que nos amosa, o nutrido conxunto das numerosas fotografías deste volume vai, de pauta en pauta, revelando a vida da cidade.

Se nos detemos noutra foto desa época, que representa unhas nenas vendedoras de fresas, nunha imaxe de auténtica espontaneidade e dinamismo gráficos, ¿non comprobamos, tamén, ademais da evidente mostra de penetración do rural no citadino, a constatación dun tempo ido, de traballo infantil, de ausencia de escolarización universal? Unha estampa que ninguén quixera ver retornar. ¿Véndoa, algúns dos rapaces que hoxe en día se definen como “obxectores escolares”, non entenderán que, malia as dificultades e o esforzo do ámbito escolar, a realidade pode ser máis inxusta e amarga, como aconteceu no pasado?

Esas estampas, ou outras semellantes, víronas, no seu día, a Pardo Bazán de “La Tribuna”; e o Pondal da “Cova Céltica”; ou Curros, que tanto amou aquela Coruña liberal, denunciando certas situacións de explotación social. E a propia Rosalía cando morou na rúa do Príncipe. E Murguía, coa súa intelección absolutamente decisiva para a comprensión da Galicia daquel tempo, e que tanto loubou a cidade, a tal punto que, décadas antes, en “El Museo Universal”, chegara a afirmar, cun entusiasmo romántico de xenea byroniana, que A Coruña se adentraba como un cisne entre as verdosas augas do mar turbulento.
Outra foto sumamente expresiva, e altamente simbólica daquel tempo, é a deses autos que, en 1900, cando o século vai despegar, en plenos Cantóns, nun día festivo, nos parecen lembrar aquela holywoodiense e disparatada “A carreira do século”, cun Tony Curtis deliciosamente diletante. Pois, ¿non constitúe un pouco, o automóbil, o paradigma dun século que ía ter na tracción rodada, na eclosión urbana e na latría tecno-productiva a súa utopía, mesmo nestas periferias daquela aínda tan ruralizantes? Eses coches que case parecen insectos traqueleantes, ¿non anunciaban xa o tótem da nova civilización? O insecto de Kafka testemuña a civilización contemporánea. Mais tanto el como estoutro insecto, que bule baixo as bandeirolas como se fose realizar unha nova cruzada porvirista en plenos Cantóns, coparon gran parte da entomoloxía imaxinaria do século XX. Por certo, ¿será escepticismo, ou cansazo, o que senten eses dous cabaleiros vedraños, á dereita da imaxe, cos seus canotiers decimonónicos, evidenciando, se cadra, un tempo futuro que non ía responder xa aos modelos do que eles viviron e soñaron?

Qué distancia, en todo caso, cos tempos actuais, entre aquel Cantón provinciano, previo aínda á pontificación de Marinetti de que un automóbil de carreiras era tan fermoso como a Venus de Milo ou a Victoria de Samotracia, e o de hoxe, máis cosmopolita, coa presencia incesante do tránsito, os neóns luminosos e os rótulos comerciais.

Qué poderosos e imparábeis cambios. A Historia -esa estraña dama a quen ninguén viu xamais- non corre nin deixa de correr, quizais, mais é evidente que a vertixe duns cambios cada vez máis acelerados constitúe o plasma cotián que nos alimenta desde que o home inventou, e idolatrou, a Máquina.
 
Por iso cántos pais e nais actuais, vendo a simpática fotografía desas nenas nos xardíns de Méndez Núñez en 1900, non as considerarían o canon do desexábel para os seus fillos, crendo -nesa satanización e sentimento cuase apocalíptico que sempre outorgamos á actualidade- que hoxe os rapaces son máis inquietos e agresivos, vivindo adictos a medios máis  perturbadores, e estando máis fortemente posuídos polo que, pedantemente, neste tempo de análises comportamentais, chamamos “hiperactividade”. Estampa idílica a desas nenas un aquel tímidas, mais se cadra seguras de agradaren, de seren puntualmente correctas fronte á foto e á consideración social que intúen que delas se agarda.

E non digamos, se de cambios falamos, os que se teñen producido entre os antigos enterros en carroza de cabalos e os enterros actuais, mergullados no trafego caótico e no estrés cidadán. Ou o abismo existente entre a fermosa e irrepetíbel presencia do Pavillón Lino, A Terraza e o Hotel Atlántico, e o baleiro que deixaron no capítulo das perdas lamentábeis.

Ir al inicio
Google

Panorámicas Coruña


Momentos Coruñeses
1890 - 1910 
1911 - 1930 
1931 - 1934 
1935 - 1937 
1938 - 1939 
1940 - 1946 
1947 - 1948 
1949 - 1951 
1952 - 1954 
1955 - 1956 
1957 
1958 
1959 
1960 
1961 - 1962 
1963 
1966 
1967 
1968 - 1975 
1976 - 1980 
1981 - 1998 
2000 a final 

Web Amigas
Nueva York 
Chicago 
Oporto 
Galicia Virtual 
Ponferrada Virtual 
Sala de Negocios 
Foto Blanco s.l. - Servicios fotograficos en A Coruña- NIF.B15428295 - Política de privacidad - Desarrolla i latina
Posicionamiento en buscadores - Lisboa - Oporto - Nueva New York - Chicago - León - Lugo - Franquicia Vending - Tiendas - Album digital - Directorio Web