Foto Blanco - os traballos e os dias
 Inicio >> >> Gallego >> Os traballos e os diás Enviar página a un amigo Poner esta página como tu pagina de inicio Imprimir esta página
Servicios fotográficos (seleccione)
Fotógrafos en La Coruña 
Reportaje social 
Boda 
Boda Digital 
Comunión 
Reportaje Industrial 
Fotografía 360 grados 
Estudio 
Estudio industrial 
Estudio Comunión 
Retoque digital 
Montajes y fotoacabados 
Postales de La Coruña 
Orlas 
Video 
Imágenes La Coruña
Vistas Aereas 
Torre de Hercules 
Galerias de La Marina 
Playas Orzán y Riazor 
Vistas Generales 
Puerto 
Paseo Maritimo 
Parques y Jardines 
Calles Plazas Fuentes 
Monument Esculturas 
Edificios singulares 

Os traballos e os diás

Na vida hai momentos de disfrute, nos que un pode ir contemplar unha carreira de Vespas, mais tamén nos que pode cruzarse cun enterro pola Rúa de San Andrés. Momentos de bailes e de festas, e momentos de traballo, duro traballo. Como na foto das mariscadoras da ría da Pasaxe, que se cadra a algún lle lembrará a saia arremangada da portentosa Silvanna Mangano en “Arroz amargo”.

Monaguillos no altar, a descarga do patexo, a subasta da lonxa, as barcas dos mariscadores como insectos na ría, as cigarreiras, as pescadoras no peirao, os vendedores e repartidores ambulantes, os administrativos da Banca... E os carros con piñas entrando pola Avenida de Alfonso Molina; e os pintores da sinalización vial facendo, a man, os puntos suspensivos da Avenida; e ata o oleiro pregoando a mercancía: todo un mundo de traballos. Ás veces, captados nun momento de relax, de breve descanso entre o labor continuado, como eses mariñeiros comendo na cuberta do barco, en compartida camaradaxe.

Hai quen, para gañar o caldo, ha de facer funambulismo, como os tendedores dos fíos telefónicos. Ou quen, ao ver os contratos astronómicos do fútbol actual, haberá de sentir forzosamente que se equivocou por unhas décadas á hora de vir a este mundo canalla: como o futbolista Chacho, espléndido xogador internacional, traballando de oficinista na empresa de Gas e Electricidade, supoñemos que na imposibilidade de imaxinar (a menos que lle axudase algunha meiga, que haber hainas), se rendirían tanto como el no campo Rivaldo e Zidane se tivesen que currar noutra profesión toda a santa semana...

Ir al inicio
Google

Panorámicas Coruña



Web Amigas
Nueva York 
Chicago 
Oporto 
Galicia Virtual 
Ponferrada Virtual 
Foto Blanco s.l. - Servicios fotograficos en A Coruña- NIF.B15428295 - Política de privacidad - Desarrolla i latina
Posicionamiento en buscadores - Lisboa - Oporto - Nueva New York - Chicago - León - Lugo - Tiendas - Album digital