Foto Blanco - un documento para sonar
 Inicio >> Coruña Entre Siglos >> Gallego >> Un documento para soñar Enviar página a un amigo Poner esta página como tu pagina de inicio Imprimir esta página
Servicios fotográficos
Fotógrafos en La Coruña 
Reportaje social 
Boda 
Boda Digital 
Comunión 
Reportaje Industrial 
Fotografía 360 grados 
Estudio 
Estudio industrial 
Estudio Comunión 
Retoque digital 
Montajes y fotoacabados 
Postales de La Coruña 
Orlas 
Video 
Imágenes La Coruña
Vistas Aereas 
Torre de Hercules 
Galerias de La Marina 
Orzan y Riazor 
Vistas Generales 
Puerto 
Paseo Maritimo 
Parques y Jardines 
Calles Plazas Fuentes 
Monument Esculturas 
Edificios singulares 
Coruña Entre Siglos
1974 - 1994 
1995 - 1999 
2000 
HASTA 2000 

Un documento para soñar

En definitiva, a través desta ampla documentación, a retina pode contemplar as mutacións dun mundo que pasou das aguadeiras de Santa Catalina á moderna Traída de Augas desde a presa de Cecebre. Do mercado de roupa no Campo da Leña á eclosión dos comercios actuais e das grandes áreas comerciais. Dos evocadores ultramariños, cos seus coloniais, caixas circulares de arenques ou xenerosas follas de bacallao no escaparate, aos supermercados de mercancías longamente alineadas en estands. Do humilde hidroavión pousado como unha inmensa gaivota metálica na Dársena ao tráfico aéreo constante de Alvedro. Da carrilana duns tempos de Casa da Troia ao Castromil aerodinámico e escuramente azul pola autroestrada. Dos nenos con boina e longos pantalóns curtos, aos cativos con walk-man, patíns e pucha de beisbol americana. Dos cartelistas e rotulistas case caseiros e románticos á explosión dos rótulos luminosos actuais ou a esa triste inflacción alienante e vulgarizante das pintadas a esprai. Longo, profundo cambio histórico e social. Tan grande como o que hai entre as damas decimonónicas, de longa palidez facial, e das púdicas e recatadas casetas de Riazor, que outorgaban á praia un aura de balneario secular, ao liberal e vitalista top-less actual, o exhaustivo bronceado e as lúdicas e festivas piruetas do wind-surf actual.

Este libro é, pois, un documento. Pero tamén un artefacto para comprender o contorno. Para soñar. Para ver a evolución, ao longo dun século extraordinariamente dinámico, dunha cidade, dun entramado humano e social.

Todo cambia pero todo permanece. Tanta razón tiñan Heráclito como Parménides. A cidade é a mesma -¡e tan diversa!- ao longo do tempo como un río borgiano. Iso non deixa de producir a constatación melancólica de que todo pasado é irrecuperable. Ás persoas de maior idade, este libro traeralles moitas alegrías pero tamén un eco de saudades. Aos máis novos, un mundo de sorpresas e de descobertas reveladoras e determinantes da súa percepción da cidade. A vida ten un sabor agridoce. Nada retorna.

Só gracias á testemuña das imaxes que fixaron as retinas do tempo na lembranza, recobrámolo tempo pasado. Mentres o recordo traballe, o pasado, dalgunha maneira, perdurará. Estará salvado.

Porque quizais moitos lectores, atraídos polo efecto ineludiblemente nostálxico que suscita a poderosa ensoñación que posúen as vellas imaxes, tendan a demorarse máis nas que evocan o pasado e os seus fecundos cambios. O presente téñeno máis preto. Aínda que o libro lles posibilite tamén un mirar máis distanciado dese presente inmediato. Neste sentido, quizais poidan constatar a fermosura, a proporción, o sentido de orde que tivo esta cidade e que conserva nalgunhas das súas zonas máis privilexiadas. O chamado progreso non é sempre un continuum lineal. Ás veces, os nosos antepasados fixaron retos e referentes difíciles de superar. Qué gran momento o das galerías. Qué cultura arquitectónica e urbanística. E certos momentos do ensanche, certos tics racionalistas, certas incursións no Movemento Moderno, qué sabedoría citadina conlevaban.  

Ir al inicio

Google

Panorámicas Coruña


Momentos Coruñeses

1981 - 1998 
2000 a final 

Web Amigas
Nueva York 
Chicago 
Oporto 
Galicia Virtual 
Ponferrada Virtual 
Sala de Negocios 
Foto Blanco s.l. - Servicios fotograficos en A Coruña- NIF.B15428295 - Política de privacidad - Desarrolla i latina
Posicionamiento en buscadores - Lisboa - Oporto - Nueva New York - Chicago - León - Lugo - Franquicia Vending - Tiendas - Album digital - Directorio Web