Foto Blanco - un mundo evocador en perpetuo cambio
 Inicio >> Coruña Entre Siglos >> Gallego >> Un mundo evocador en perpetuo cambio Enviar página a un amigo Poner esta página como tu pagina de inicio Imprimir esta página
Servicios fotográficos
Fotógrafos en La Coruña 
Reportaje social 
Boda 
Boda Digital 
Comunión 
Reportaje Industrial 
Fotografía 360 grados 
Estudio 
Estudio industrial 
Estudio Comunión 
Retoque digital 
Montajes y fotoacabados 
Postales de La Coruña 
Orlas 
Video 
Imágenes La Coruña
Vistas Aereas 
Torre de Hercules 
Galerias de La Marina 
Orzan y Riazor 
Vistas Generales 
Puerto 
Paseo Maritimo 
Parques y Jardines 
Calles Plazas Fuentes 
Monument Esculturas 
Edificios singulares 
Coruña Entre Siglos
1899 - 1907 
1908 - 1915 
1916 - 1920 
1921 - 1924 
1925 - 1926 
1927 - 1929 
1930 - 1933 
1934 - 1936 
1937 - 1945 
1946 - 1955 
1956 - 1957 
1958 - 1959 
1960 - 1961 
1962 - 1963 
1964 - 1965 
1966 - 1967 
1968 - 1969 
1970 - 1973 
1974 - 1994 
1995 - 1999 
2000 
HASTA 2000 

Unmundo evocador cheo de pequenos cambios

Pero hai moitos outros deliciosos rexistros. Aos analistas do progreso encantaralles encontrar unha instantánea da avenida de Linares Rivas na que conviven, como nun puzle histórico en acelerado cambio, o transporte de cabalería –o de carga, e ata unha romántica calesa-, a enerxía ecolóxica e non contaminante do pedal, o tranvía, o automóbil... e ata o coche de San Fernando, esa sana e económica actividade de ir un bocado a pé e outro bocadiño andando, que sempre se estilou tanto –e do que se presume nunha cidade paseante e paseable- entre os peripatéticos coruñeses, que se antes o facían polos Cantóns ou a Rúa Real, hoxe ampliaron eses horizontes ao longo periplo circunvalante do Paseo Marítimo actual, que reabríu a cidade ao mar.

Pero, ademais doutras fotos que rexistran a presencia dos melancólicos burros de carga que traían productos fundamentalmente agrarios do extrarradio, ou da estampa céltica e solar do carro de bois no porto ou en pleno centro da cidade, e desa famosa Carrilana saíndo coa súa longa recua de animais e a dinámica música do trote en plenos Cantóns, camiño de Santiago..., aos afeccionados ao parque automobilístico agradaralles encontrar todo o repertorio do século. Desde os antigos vehículos, solemnes como embarcacións, elegantes e únicos, propios dun tempo no que o automóbil era un signo por excelencia elitista e metropolitano, ata os inesquencibles Seats 600 –eses bonsais da carrocería rodada- e os mariñeiros Dauphines, alegres e alongados como os golfiños, mais que a crónica de sucesos da época bautizou como “o coche das viúvas”, de tanto como a súa tracción saía pola tanxente, á maneira de certos maridos toleiráns, naqueles tempos nos que aínda a situación social discriminada da muller non lle permitía, agás en moi contados casos, a súa presencia ao volante. Outra estampa a non esquecer, de época, é a da longa ladaíña dos taxis aparcados, solemnes na súa agarda cantonal, esveltos e elegantes na súa escura e acharolada severidade.

Todo un cambio fascinante da tracción muscular ou animal aos combustibles fósiles. Iso en canto á terra. Porque, se do mar falamos, o tránsito é da enerxía eólica dos veleiros ou dos rítmicos émbolos dos vapores aos grandes mercantes, transatlánticos ou superpetroleiros de hoxe, ou da flota modesta e artesanal de tempos pasados ás tecnoloxicamente renovadas de Baixura ou do Gran Sol actuais. Non estraña, pois, ve-las as antigas embarcacións chamadas “tarrazas”, na terrosa explanada da Palloza. Por certo que, dese tempo, fica unha imaxe fermosa e emblemática dunha barca transportada polo antigo Catro Camiños, unha das estampas que mellor definen o pasado da cidade: a do barco a circular coa mesma lentitude e maxestade dos tranvías ou daqueles trolebuses de dous pisos que, importados de Inglaterra nas penurias da posguerra, viñeron morrer, como no seu día algunhas tropas de Drake, coa grandeza de maxestuosos paquidermos, posibilitando no seu día a ledicia da rapazada –e non tan rapazada- que disfrutaba das variadas e longas perspectivas urbanas ou oceánicas desde a altura privilexiada do seu piso elevado. Estampa certamente ida, como a dos vellos carromatos de tres rodas que o viandante nunca comprendía cómo non se esfarelaban nunha curva co cargamento dos tixolos, as couveflores ou as patacas.

 Que mesmo, sexa nas fachadas dos edificios, ou nos laterais dos transportes, unha mirada atenta a estas imaxes, descobrerá rótulos e anuncios que, dalgunha maneira, forman tamén parte da bagaxe evocativa temporal: un longo camión anunciando as galletas Fontaneda, un tranvía co Vermouth Caballo Blanco, o rótulo de Marconi, as tabletas contra a dor OKAL, o anuncio das bombillas OSRAM... E todo iso en rúas e prazas que, se ás veces se nutren dese espírito alegre e viandante, hedonista e extrovertido, flâneur e bon vivant, dos coruñeses, noutras se presentan co baleiro metafísico dos cadros de De Chirico. Rúas e prazas que ao urbanita duro, imparable e convulsivo de hoxe lle semellarán o Deserto dos Tártaros, mais que a outros de vivir máis remansado lle rescatarán a lembranza dun tempo en que o automóbil non era aínda a esfinxe imperativa das cidades, e camiñar pola calzada posuía un encanto case rural.

Porque en moitas destas estampas, e na crónica global do libro, intúese a evocación transitoria e imparable do tempo a través desa constelación cambiante que é unha cidade. Así é como, moitas veces, percibimos cómo era aquela antiga Coruña, urbana e culta xa cando menos desde un XVIII proxectivo, ilustrado e auroral, mais tamén cunha evidencia artesanal, mariñeira e rural, en tránsito cara unha cidade en constante crecemento, proxección e cambio. Desa antiga condición artesana dan fe tanto os nomes de rúas que desde o medievo rotulan a Cidade Vella, como estampas máis actuais tal a do ilustre Círculo de Artesáns, clave no evoluír cultural e social da cidade.

Tamén se pode observar esa condición popular na visión da rúa de San Roque, na que se ve a entraña xeolóxica e rochosa sobre a que se edificaban as humildes casas da arquitectura tradicional, como temos visto en instantáneas mariñeiras do fotógrafo Xosé Suárez. Hai actividades que levou o tempo no seu cambio incesante: o depósito de tellas na Mariña, os carros de bois cargando mercancías no porto, as labregas entrando cos vultos na cabeza, a venda de allos na Avenida da Mariña ou a de roupa no Campo da Leña, as mandadeiras que cargaban as equipaxes no Porto, ou a presencia plein air dun limpabotas na Rúa Nova, precisamente fronte a un salón de limpeza de calzado.

Ir al inicio
Google

Panorámicas Coruña


Momentos Coruñeses

1890 - 1910 
1911 - 1930 
1931 - 1934 
1935 - 1937 
1938 - 1939 
1940 - 1946 
1947 - 1948 
1949 - 1951 
1952 - 1954 
1955 - 1956 
1957 
1958 
1959 
1960 
1961 - 1962 
1963 
1966 
1967 
1968 - 1975 
1976 - 1980 
1981 - 1998 
2000 a final 

Web Amigas
Nueva York 
Chicago 
Oporto 
Galicia Virtual 
Ponferrada Virtual 
Sala de Negocios 
Foto Blanco s.l. - Servicios fotograficos en A Coruña- NIF.B15428295 - Política de privacidad - Desarrolla i latina
Posicionamiento en buscadores - Lisboa - Oporto - Nueva New York - Chicago - León - Lugo - Franquicia Vending - Tiendas - Album digital - Directorio Web