Foto Blanco - un transito imparable do rural ao metropolitano
 Inicio >> >> Gallego >> Un tránsito imparable do rural ao metropolitano Enviar página a un amigo Poner esta página como tu pagina de inicio Imprimir esta página
Servicios fotográficos (seleccione)
Fotógrafos en La Coruña 
Reportaje social 
Boda 
Boda Digital 
Comunión 
Reportaje Industrial 
Fotografía 360 grados 
Estudio 
Estudio industrial 
Estudio Comunión 
Retoque digital 
Montajes y fotoacabados 
Postales de La Coruña 
Orlas 
Video 
Imágenes La Coruña
Vistas Aereas 
Torre de Hercules 
Galerias de La Marina 
Playas Orzán y Riazor 
Vistas Generales 
Puerto 
Paseo Maritimo 
Parques y Jardines 
Calles Plazas Fuentes 
Monument Esculturas 
Edificios singulares 

Un tránsito imparable do rural ao metropolitano

O lector percibirá, pois, o tránsito entre unha cidade máis provinciana, cun hálito ás veces case rural, a outra máis cosmopolita e máis aberta aínda que loxicamente tamén máis ruidosa, con máis oportunidades pero tamén máis poboada. Algúns botarán de menos o sosego, o aparente tempo detido, o sepia dun vivir máis remansado. Outros, celebrarán o ritmo, a tensión, a capacidade de proxección actual. Agardemos a que nesa mutación esta cidade na que se soubo vivir dunha maneira tan intelixente e vital, nos tempos dunha globalización imparable, tantas veces estresante, de dura competitividade e de temor á perda da cobertura social do benestar, poida seguir conservando ese aura hedonista, ese espírito alegre e tolerante, aberto, vitalista, peripatético e cordial.

Tanto o pasado “desarrollista” como a especulación urbanística deixaron feridas, pero a cidade sobrevive dentro dunha notable vitalidade. É indubitable que, no seu crecemento ao longo dos dous últimos séculos, a cidade ten perdido unha parte da beleza e da gracia do seu enclave natural orixinario, así como se viu desprovista de numerosas galerías e edificios patrimoniais que constituían unha decisiva singularidade referencial, e quizais se teña ido configurando, como a maioría das cidades do noso tempo, como unha cidade, en termos xerais, menos “diferenciable”, coa existencia de barriadas de parca personalidade que establecen unha dialéctica -xa sinalada no seu día polo extraordinario e sensible cronista Carlos Martínez-Barbeito-, entre un centro privilexiado e unha periferia de bairros que se viven máis como cotianidade secreta e familiar. Claro que a cidade ten, por outra parte, acadado un aire máis moderno, bulicioso e dinámico, cunha extraordinaria diversificación de servizos ao cidadán, que se cadra amosa no Planetario, a Casa dos Peixes, a Domus, o aeroporto de Alvedro, o Parque de San Pedro, a Maestranza, o Campus Universitario e o Paseo Marítimo algunhas das súas máis ambiciosas e definitorias intervencións actuais.

Ir al inicio

Google

Panorámicas Coruña



Web Amigas
Nueva York 
Chicago 
Oporto 
Galicia Virtual 
Ponferrada Virtual 
Foto Blanco s.l. - Servicios fotograficos en A Coruña- NIF.B15428295 - Política de privacidad - Desarrolla i latina
Posicionamiento en buscadores - Lisboa - Oporto - Nueva New York - Chicago - León - Lugo - Tiendas - Album digital