Foto Blanco - unha cidade nacida e moldeada polo mar
 Inicio >> Coruña Entre Siglos >> Gallego >> Unha cidade nacida e moldeada polo mar Enviar página a un amigo Poner esta página como tu pagina de inicio Imprimir esta página
Servicios fotográficos
Fotógrafos en La Coruña 
Reportaje social 
Boda 
Boda Digital 
Comunión 
Reportaje Industrial 
Fotografía 360 grados 
Estudio 
Estudio industrial 
Estudio Comunión 
Retoque digital 
Montajes y fotoacabados 
Postales de La Coruña 
Orlas 
Video 
Imágenes La Coruña
Vistas Aereas 
Torre de Hercules 
Galerias de La Marina 
Orzan y Riazor 
Vistas Generales 
Puerto 
Paseo Maritimo 
Parques y Jardines 
Calles Plazas Fuentes 
Monument Esculturas 
Edificios singulares 
Coruña Entre Siglos
1974 - 1994 
1995 - 1999 
2000 
HASTA 2000 

Unha cidade nacida e moldeada polo mar

Por certo que un aspecto central, como non podía ser doutra maneira nunha cidade absolutamente marítima, asomada dende sempre aos horizontes atlánticos e ás lonxanías das rías mariñáns, e na que aínda se pode detectar, a través das fotografías, os longos labores de recheo dun enclave que ao longo do tempo pasou de ser un tómbolo case illa a unha forma plenamente peninsular, é a presencia absoluta do mar. Sexa o mar do Orzán, coa súa épica de vagallóns e temporais, ou o calmo mar interior da ría, que permitía amerizar os avións pioneiros na conquista do aire. Un mar que chegaba en tempos ata os soportais da Mariña, e que tiña longas praias a ambos costados da cidade, e abeirábase somnolento ao Cantón, Linares Rivas ou a Palloza. Porque na Coruña, saír da casa era embarcar. 

Por iso son tantas as perspectivas de mar. E do Porto: un factor central no devir económico, urbanístico, laboral e humano da cidade. Un porto modesto en tempos mais dunha maior ambición e diversificación na actualidade. Nestas fotos pódense ver, por tanto, en distintos momentos temporais, referencias mariñeiras, pesqueiras e portuarias. O Monte Umbe soltando amarras. A descarga do peixe e o balbordo das lonxas co seu formiguexante tecido humano. O trafego comercial, axudado de guindastres, da madeira ou doutras mercancías apiadas nos peiraos. A odisea emigrante co seu esgazador embarque cara as Américas. Os varadeiros da Dársena, tan evocadores e entrañables. As longas redes a secar nunha praza da Palloza que por veces visitaba o Teatro Argentino e outras casetas de feira e verbeneo popular. Os transatlánticos dun tempo que nos lembra a Pessoa e as súas evocacións marítimas na desembocadura do Tejo, ou esoutros actuais que, como grandes predios ou inmensas baleas brancas, outorgan á Coruña unha das súas estampas máis luminosas, emotivas e paradigmáticas. As amplas perspectivas do Paseo Marítimo actual, na oceánica orla da cidade...

Ir al inicio
Google

Panorámicas Coruña


Momentos Coruñeses

1981 - 1998 
2000 a final 

Web Amigas
Nueva York 
Chicago 
Oporto 
Galicia Virtual 
Ponferrada Virtual 
Sala de Negocios 
Foto Blanco s.l. - Servicios fotograficos en A Coruña- NIF.B15428295 - Política de privacidad - Desarrolla i latina
Posicionamiento en buscadores - Lisboa - Oporto - Nueva New York - Chicago - León - Lugo - Franquicia Vending - Tiendas - Album digital - Directorio Web